Monforte solicita que se levante o seu peche perimetral tras saír da alerta vermella

Imaxe de arquivo dunhas probas de PCR en Monforte (Foto: Europa Press)
A proposta foi debatida esta segunda feira na xunta de Goberno local, á vista dos últimos datos dados a coñecer pola Consellaría de Sanidade.

O Concello de Monforte remitiu unha solicitude ao presidente da Xunta para pedir o levantamento do peche perimetral do municipio tras os últimos datos das autoridades sanitarias e o paso de alerta vermella a laranxa pola incidencia da Covid-19.

A proposta foi debatida esta segunda feira na xunta de Goberno local, á vista dos últimos datos dados a coñecer pola Consellaría de Sanidade e que revelan a redución no número de positivos rexistrados na localidade.

O rexedor e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, sinalou que o concello "deixe de ter os criterios que motivaron o seu peche perimetral" e tamén o da hostalaría.

É por iso que insta a Xunta a levantar estas medidas e a permitir a reapertura destes establecementos coas restricións establecidas con carácter xeral.