Cambio de hora: ás 3 serán as 2

Lembre: ás 3 da madrugada serán as 2.

Haberá que atrasar os reloxos unha hora. Así, ás 3 da madrugada serán as 2, unha modificación que afecta a todos os países da Unión Europea co fin de axustar a xornada laboral ás horas de luz natural.

Coincidindo co final do mes de outono chega o cambio de hora, que inaugura o tempo do inverno no reloxo.

Desde o ano 1996 esta mudanza faise na madrugada do último domingo de outubro, que este ano cadra a día 31.

Haberá que atrasar os reloxos unha hora. Así, ás 3 da madrugada serán as 2, unha modificación que afecta a todos os países da Unión Europea co fin de axustar a xornada laboral ás horas de luz natural.

Así, a partir deste domingo vai amencer antes e escurecerá o día máis pronto, até o seguinte cambio de hora previsto na primavera de 2022.

Este horario de inverno supón na Galiza practicamente unha hora e media de desfase entre a hora solar e a oficial, tendo en conta que o mediodía solar -aquel onde o astro rei se atopa a unha maior altura- cae preto das 13.30 horas.

A pesar de que tanto a Unión Europea como a meirande parte da cidadanía comunitaria -80%, segundo unha enquisa que consultou 4,6 millóns de persoas- esta a favor da eliminación dos cambios de hora, expertos como o catedrático do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Jorge Mira, e o tamén físico -no seu caso da Universidade de Sevilla- José María Martín Olalla, móstranse contrarios a eliminalo, xa que, como alerta Mira, "sería equivalente a non contar cunha vacina que é capaz de arranxar un problema".