Sanidade

Calidade de morte, cuestión de sorte

Estímase que entre 7 mil e 14 mil galegas e galegos necesitan cada ano coidados paliativos. Porén, a atención a este colectivo non está o suficientemente garantida e hai doentes que seguen morrendo con dor. Para o evitar, existe a sedación paliativa, a administración deliberada de fármacos que reducen a conciencia dunha ou dun paciente con enfermidade avanzada ou terminal co fin de lle aliviar a dor. Unha sedación que nin acelera nin atrasa o falecemento. Publicamos unha reportaxe ao respeito no número 250 de Sermos Galiza.

Moito se fala da calidade de vida, mais pouco da calidade de morte, é dicir, das condicións en que falece unha persoa. Aínda que a Lei 5/2015, de 26 de xuño, de dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais, protexe a igualdade e a non discriminación de quen padece unha enfermidade grave, irreversíbel e/ou de prognóstico terminal que se atopa no proceso da fin da súa vida, tanto a ou o profesional que a atenda como o domicilio en que se atope condicionan a calidade da morte. Desta maneira, concúlcase o dereito das persoas pacientes no momento de recibiren coidados paliativos integrais no propio domicilio, e mesmo no centro hospitalario. Así o aseguran as persoas expertas consultadas.

 

E é que a quen carece de expectativas de curación e se atopa nunha situación terminal pode prestárselles os coidados paliativos no fogar ou no centro hospitalario. “A situación ideal sería no domicilio, porque a maior parte da xente prefire estar na súa casa, rodeada de familiares e amizades e de quen lle ten afecto”, sinala Manuel Martín, portavoz de SOS Sanidade Pública en declaracións a Sermos Galiza.

 

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 250 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]