Caída global de Whatsapp, Instagram e Facebook

whatsapp-movil
A páxina de detección de erros de DownDetector rexistrou miles de queixas de usuarios de diferentes países en poucos minutos.

O servizo de Whatsapp, Instagram e Facebook caeu esta segunda feira pola tarde. Os usuarios de varios países detectaron os problemas que impiden executar as aplicacións de Facebook da empresa. A páxina de detección de erros de DownDetector rexistrou miles de queixas en poucos minutos.

A caída destas redes sociais xa causou numerosos comentarios noutras plataformas, nomeadamente Twitter. De feito, o problema que atoparon as e os usuarios de todo o mundo chegou a ser tema do momento de forma moi rápida.

Ao tempo, as e os comentaristas máis creativos, levaron o sistema de pago Bizum tamén á categoría de 'Trending Topic' ao pedir á xente que agora se comunique con elas e eles a través desta rede.