Cada vez máis aulas afectadas polo coronavirus

Pasada unha semana desde o inicio do curso en Infantil e Primaria, e en vésperas de que comece o de Secundaria, Bacharelato e FP, o coronavirus comeza a ter impacto xa nas aulas dunha vintena de centros de ensino galegos, cun único abrollo coñecido e múltiples casos puntuais entre o alumnado e o persoal que, polo momento, xa causaron o fechamento dun colexio e obrigaron a impoñer illamentos noutros 22. Familias e profesorado seguen demandando que as medidas de protección, como o distanciamento e a redución de ratios, se apliquen por igual en todas as etapas educativas.  
 
Inicio do curso Arxina
photo_camera O alumnado de Infantil e Primaria comezou o curso a semana pasada (Arxina).
Comentarios