A Mariña: 35 persoas contaxiadas, 400 confinadas e suspendidas as festas populares e o lecer nocturno

O balance leva de cinco novos positivos, até os 353, leva ás Autoridades sanitarias a cancelar polo momento a celebración de verbenas e festas populares e adiar a reapertura de discotecas. Das 33 persoas contaxiadasunha vintena teñen entre 20 e 40 anos.

O brote de COVID-19 rexistrado na Mariña incrementa o número de persoas afectadas, con 35 positivos, 2 máis dos confirmados a pasada terceira feira. O balance, feito público na tarde de onte por responsábeis sanitarias da área de Lugo-Monforte-A Mariña nunha rolda de prensa no hospital de Burela, leva as Autoridades sanitarias a suspender polo momento a celebración de verbenas e festas populares, así como a adiar a apertura de locais de lecer nocturno e discotecas, prevista para este 1 de xullo.

O primeiro caso do foco detectouse hai unha semana no concello de Xove. Desde entón rastrexáronse máis de 400 persoas relacionadas co brote, vinculado con outros casos na comarca. 

Dos 35 positivos, Sanidade sinala que a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve e "teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días". Porén, dúas persoas afectadas están ingresadan no hospital público da Mariña, mentres que o resto están sometidas a seguimento domiciliario.

En canto ao foco activo na zona do Barbanza mantense sen cambios, con sete casos activos, ningún dos cales precisou hospitalización. Neste caso, o Sergas investigou máis dunha centena de persoas para controlar o brote, detectado en Ribeira e na Pobra do Caramiñal.