Brigadistas denuncian que no monte hai 3.000 efectivos menos dos que publicita a Xunta

Brigadista

A Consellería fala de 7.000 efectivos humanos a actuar en plena vaga de incendios, mais traballadores do operativo rebaixan a cifra a “menos de 4.500”. Critican a “desorganización” e “descoordinación”

Non se está a facer todo o posíbel na loita contra os incendios que están a arrasar os montes de Galiza. Nin en planificación nin en medios, materiais e humanos. Así o están a denunciar colectivos, organismos, sindicatos, plataformas ambientalistas, e tamén @s propi@s traballadores dos operativos contra os lumes.

Así, e segundo se denuncia desde estes sectores, “estase a poñer en risco mesmo a seguridade dos traballadores”. Negan que no monte haxa os 7.000 efectivos dos que fala a Consellería de Medio Rural e reducen esa cifra a menos de 4.500. Denuncian a fragmentación e privatización dos servizos de loita contra o lume e piden á Xunta que aposte por un dispositivo “público e especializado”.

Sen preparación

Así, e segundo información de El País, por volta do 30% do dispositivo contra-indendios sería contratado “a dedo” e “sen formación”. Son as brigadas municipais, que integran a uns 1.800 efectivos