Bota o peche a televisión da Igrexa católica en Galiza após cinco anos de emisión

Impulsada polas dioceses galegas, Popular TV foi das primeiras cadeas privadas en Galiza en iniciar as emisións. O peche implica o despedimento dunha vintena de profesionais

A Xunta de Accionistas de Popular TV Galicia decidíu, nunha reunión mantida o pasado 21 de xuño, suspender as emisións, segundo informou esta quinta feira a cadea nun comunicado. Pon así final o 31 de xullo a sete anos de traxectoria en Galiza, iniciada coa concesión da licenza polo goberno da Xunta presidido por Manuel Fraga,

A xunta, formada polos bispos das e Dioceses galegas e que conta tamén cunha participación minoritaria do Grupo Cope, tomou esta decisión debido á “imposibilidade económica de manter o proxecto”, segundo informan desde a axencia EFE.

Popular TV resultou ser unha das dúas licenzas adxudicadas no ano 2005 e foi a primeira cadea privada de Galicia en iniciar as súas emisións o 9 de outubro do 2009, apunta o texto remitido á prensa.

Popular TV Galicia deixará de emitir o seu sinal e os seus traballadores, un equipo formado por unha vintena de profesionais entre empregados e colaboradores, deixarán os seus postos o 31 de xullo