Os sindicatos denuncian que un bombeiro só tivo que atender un incendio

Estado en que quedou a vivenda do Carballiño (Foto: ACD Bombeiros O Carballiño-O Ribeiro).
Segundo indican, este domingo e segunda feira a situación repetiuse, desta vez no Consorcio de Extinción de Incendios e Salvamento, dependente de Xunta da Galiza e a Deputación Provincial da Coruña.

As organizacións sindicais CIG, UXT, CCOO, Sibgal, CSIF e USO cualificaron esta segunda feira de “lamentábel” o episodio vivido esta fin de semana no Carballiño no que, sinalan a través dun comunicado, “un único bombeiro tivo que atender 23 concellos” e facer fronte a un incendio nunha vivenda familiar o sábado. 

O lume calcinou toda a vivenda e o bombeiro tivo que ser atendido polos sanitarios desprazados no lugar por un golpe de calor.

Segundo indican, este domingo e segunda feira a situación repetiuse, desta vez no Consorcio de Extinción de Incendios e Salvamento, dependente de Xunta da Galiza e a Deputación Provincial da Coruña.

“Debera garantir os servizos mínimos nos 10 parques de bombeiros que del dependen” mais, “entre as 9 da mañá do domingo e até as 9 da maña do 28, tan só hai persoal de bombeiros dispoñíbel para garantir a prestación do servizo en 9”, aseguran. 

Así pois, onte estiveron fechados os parques de Bombeiros Comarcais que teñen as súas sedes en Cee, Ordes e Riveira.

“Desde a representación dos traballadores descoñecemos o motivo, non sendo a falta de competencia, polo que se opta por fechar 30% dos parques do Consorcio da Coruña”, denuncian.

Ademais indican que “queremos facer partícipes á veciñanza destas comarcas das neglixencias que se acometen por parte de Xunta e Deputación, privándolles dun servizo esencial de emerxencias".