O BNG pide que Sanidade interveña nos comedores escolares para garantir a calidade

comedor escolar

A deputada Carme Adán anunciou, en sede parlamentar o rexistro de diversas iniciativas demandando da consellería de Educación “explicacións”.

O BNG rexistrou unha iniciativa parlamentar, polo trámite de urxencia, para que a consellería de Educación revise a súa política de externalizar o servizo de comedores dos colexios galegos. Carme Adán asegurou que a calidade da comida era boa cando se facía nos propios centros e polo persoal da consellería. Mais neste momento constatamos, dixo, que os caterings “son un verdadeiro problema”. O BNG tamén rexistrou unha iniciativa para que Sanidade actúe “revisando todos os servizos e elaborando un plan de calidade dos comedores escolares primando os produtos galegos de calidade, peixe, carne, patacas… e que o caldo non viaxa dende Málaga a Arousa ou dende Málaga a Cuntis”.

A parlamentaria lembrou que existían denuncias sobre o mal estado da comida e non se actuou. Nos podemos aceptar, expuxo, que criterios económicos nos concursos na licitación dos comedores escolares primen sobre a calidade da comida.

A deputada preguntou se non hai empresas abodno en Galiza para dar servizo de comida aos nenos e as nenas e con produtos da terra para que a comida teña que percorrer mil quilómetros “e chegar en mal estado”.