O BNG da Coruña organiza unha palestra sobre a Lei Mordaza

A deputada no Congreso español, Rosana Pérez, e o avogado Héctor López, abordarán o recorte de dereitos que supón a entrada en vigor da nova norma.

 

'Camiñando cara á un estado policial'. Eis o título da palestra que organiza esta sexta feira o BNG da Coruña arredor da Lei de Seguridade Cidadá, máis coñecida como Lei Mordaza.

A entrada en vigor desta nova norma, o 1 de xullo, introduce importantes mudanzas e a limitación de dereitos fundamentais como o dereito de manifestación ou mesmo o dereito á información e á liberdade de imprensa ao restrinxir a publicación e difusión de imaxes nas que aparecen axentes policiais. 

Para abordar esta reforma, parella á do Código Penal, o BNG contará coa deputada da organización frontista en Madrid, Rosana Pérez, e o avogado Héctor López. Será no salon de actos do IES Zalaeta (Rúa María Vitoria Fernández ás 20 horas.