Palestina achégase a Galiza através da cultura

Organizan unha mostra de traxes tradicionais, poesía e música no Museo do Pobo o sábado 4 de xuño. 

A campaña Boicot, Desinvestimentos e Sancións contra Israel (BDS) e a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza organizan este sábado (4 de xuño) unha mostra de traxes tradicionais palestinos. A actividade encádrase nas accións que teñen lugar no país co gallo da IV Flotilla da Liberdade que partirá do Mediterráneo rumo a Gaza no mes de setembro

Será no Museo do Pobo Galego, en Compostela, a partir das 17.30 horas e poderase ver un total de 14 pezas procedentes de distintos lugares de Palestina. Aliás, terá lugar un recital poético e música. 

Esta xornada está inserida na campaña local de apoio á Women's Boat to Gaza