Baixan as infeccións activas e os novos contaxios por coronavirus

Sanitarias transportan doses para a vacinación contra a Covid (Foto: Xunta).
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou este sábado un descenso de infeccións activas até as 1.885 (33 menos), así como de novos contaxios, 126 (34 menos que a xornada anterior).

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou este sábado un descenso de infeccións activas até as 1.885 (33 menos), así como de novos contaxios, 126 (34 menos que a xornada anterior). Por contra, ascenden lixeiramente os ingresados con Covid até os 176 (+1).

No que respecta aos falecementos, os datos publicados este sábado por Sanidade -actualizados ás 18 horas da sexta feira- non reflicten ningún óbito nas últimas horas, polo que a cifra de mortes mantense en 3.961.

Con respecto aos casos activos, por áreas sanitarias, a de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras segue á cabeza con 470 (-2). Séguelle A Coruña-Cee, con 307 casos totais (+9).

Tras elas, a de Vigo, con 285 (-3); a de Santiago-Barbanza, que contabiliza 284 (-10); a de Lugo-A Mariña-Monforte, con 241 (-5); a de Ferrol, con 153 (-12); e a de Pontevedra-O Salnés, con 143 (-2).

Todo iso nunha xornada na que o Sergas notifica 125 novos contaxios de covid-19, 34 menos. 26 deles correspóndense coa área ourensá e outros 26 coa coruñesa, tras as que se atopan a de Vigo (25), Santiago (13), Lugo (13), Pontevedra (12) e Ferrol (11).

Presión hospitalaria

No que respecta á presión hospitalaria, aumentou lixeiramente nas últimas horas até os 176 ingresados con Covid en toda a Galiza, un máis. En concreto, hai 162 pacientes en planta (-1) e os 14 restantes están en unidades de coidados intensivos (+2).

Hai tres áreas nas que descenden os hospitalizados. Son a de Ferrol, con 13 ingresados (-2); a de Santiago, con 29 (-2); e a de Vigo, con 13 (-2). Por contra, aumentan na área de Ourense, até os 34 (+1); a da Coruña, con 50 (+3); a de Pontevedra, con 20 (+1); e a de Lugo, con 17 (+2).