Baixan as persoas hospitalizadas, pero mantense a presión nas UCI galegas

Unha muller sométese ao test de antíxenos nun cribado masivo na Coruña. (Foto: Europa Press).
A taxa de positividade descende a 8%, logo do aumento a 9% de onte, cunha redución dos contaxios diarios a 1.025. Súmanse 30 falecementos rexistrados durante varios días aos datos de Sanidade. 

As persoas hospitalizadas con Covid-19 na Galiza continúan na lixeira tendencia á baixa, con 28 menos, malia a suba en catro pacientes na UCI cun total de 251. Os casos activos tamén seguen reducíndose, situados nos 21.686, o que implica 713 menos ca onte, segundo os datos facilitados esta secta feira pola Consellaría de Sanidade

As áreas de Vigo, A Coruña e Ferrol son as que rexistran un maior alivio da presión asistencial. A primeira ten un paciente máis con coronavirus na UCI (26 en total), mais descenden en 17, até 136, as perosas noutras unidades.

Na Coruña e Cee baixan a 85 os pacientes con Covid en UCI (dous menos) e a 276 os doutras unidades (seis menos); e na de Ferrol os que están en críticos mantéñense en 25, mentres as persoas hospitalizadas notras unidades baixan a 165.

A área de Pontevedra e O Salnés non muda os pacientes con Covid en UCI (27), e só ten un menos noutras unidades (112). Lugo, pola súa banda, sube nun paciente os ingresados en UCI, até 27, e baixa un noutras unidades, quedando en 64.

En Ourense aumentan en tres os pacientes en UCI, cun total de 18, pero descencen a 154 os que permanecen noutras unidades (dou menos). En Santiago e Barbanza tamén soben, a 43 (un máis) e 131 (tres máis), respectivamente.

Baixa levemente a positividade

Os contaxios diarios descenden en máis dun centenar, até os 1.025, dos que 874 se confirmaron por PCR (fronte aos 091 da xornada previa). Os casos activos continúan descendendo, até 21.686, o que supón 713 menos. Esta xornada reducíronse en todas as áreas sanitarias. As persoas contaxiadas na Galiza suman 102.424.

A taxa de positividade das PCR baixou 8%, logo da suba de 9% da xornada previa, polo que continúa por riba de 5%, o nivel que marca a Organización Mundial da Saúde para dar por controlada a pandemia. Esta situación non se dá na Galiza desde o día 24 de decembro.

30 novos falecementos

A Consellaría de Sanidade informou de 30 pasamentos nas últimas horas, que se corresponde a varios días. De feito, dous deles foron rexistrados en xaneiro e nove das vítimas mortais estaban vencelladas con residencias, todas, segundo os datos oficias, con patoloxías previas. Isto suma un total de 1.910 persoas falecidas con Covi-19 na Galiza.