Baixa o total de casos activos na Galiza malia os novos contaxios nas áreas de Pontevedra e Vigo

Toma de mostras por parte do persoal sanitario (Foto: EP).

A área sanitaria da Mariña-Lugo representa 75% dos casos que hai no país.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 245, número inferior aos rexistrados na xornada de onte (262).

Deses 245 “·positivos activos”,  23 son da área sanitaria da Coruña (1 menos ca onte), 183 da de Lugo (17 menos), 4 da de Ourense, 7 da de Pontevedra (1 máis que na segunda feira), 12 da área de Vigo (1 máis), 15 da de Santiago (-2), e 1 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 6 están en unidades de hospitalización e 238 no domicilio.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.965 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos desde o inicio da pandemia.

O número de PCR realizadas é de 220.603.

Dentro do total de casos rexistrados na Galiza hai un vinculado con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a un traballador, mentres as residencias seguen sen persoas usuarias infectados.