Novos casos na Coruña, Santiago, Lugo e Pontevedra elevan a cifra de contaxiados de Covid na Galiza a 262

(Imaxe: Iñaki Berasaluce / Europa Press)

Son 9 máis ca onte.

Na Galiza hai 262 casos activos de coronavirus, o que supón 9 máis que na xornada deste domingo, segundo os dados da Consellaría de Sanidade.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 262.

Deles 24 son da área da Coruña (5 máis que no domingo), 200 da de Lugo-A Mariña (1 máis), 4 da de Ourense, 6 da de Pontevedra (1 máis), 11 da área de Vigo, 16 da de Santiago (2 máis), e 1 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 6 están en unidades de hospitalización e 255 no domicilio.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.943 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 218.587.

Dentro do total de casos rexistrados na Galiza hai un vinculado con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a un traballador, mentres as residencias seguen sen persoas usuarias infectados.