A tripulación de Mar de Ons avistou baleas na Costa da Vela, durante o traxecto ás Illas Cíes e á Illa de Ons.
En concreto explica que os membros da tripulación as viron cando realizaban a viaxe ás Illas Cíes desde Sanxenxo e Portonovo.
"Este singular avistamento, como é habitual nestes casos, foi posto en coñecemento da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños".
“Rexistrar os movementos”
Respecto diso,a tripulación indica que este aviso se lles comunica "para que poidan ter constancia e rexistrar os movementos destes cetáceos".