Aumentan os pacientes hospitalizados na Galiza pola Covid mentres continúan a baixar os novos casos rexistrados

Persoal sanitari cunha persoa ingresada na unidade de cuidados intensivos. (Foto: Europa Press).

A taxa de positividade cae a un 1,6%

Os pacientes con Covid-19 hospitalizados na Galiza aumentaron lixeiramente en catro até os 536, deles 105 atópanse en Unidade de Coidados Intensivos -tres menos que a xornada anterior-, mentres que os novos  contaxios diarios caen á metade que este domingo, con 103 detectados.

Así se reflicte nos datos difundidos na mañá pola Consellería de  Sanidade, con rexistros ata as 18:00 horas deste domingo, nos que se inclúen 105 hospitalizados con coronavirus en UCI e 431 noutras unidades -sete máis-.

Deste modo, tras varias semanas seguidas de tendencia descendente no total de hospitalizados con Covid-19, aumenta lixeiramente. Das sete áreas sanitarias galegas, só na de Santiago e Barbanza baixa o total de hospitalizados, con 18 persoas en UCI -unha máis- e 50 noutras unidades -cinco menos-.

Pola súa banda, na da Coruña e Cee aínda que caen en catro os pacientes  Covid en UCI até os 34, soben a 142 os que permanecen ingresados noutras unidades -catro máis-; así como na de Lugo, onde hai 14 en críticos -un máis- e 29 noutras unidades -un menos-.

A área de Ferrol mantense sen cambios con respecto á xornada anterior, don oito en UCI e 63 noutras unidades; mentres que na de Pontevedra baixan en dúas os ingresados en críticos até os 12, pero soben en tres os doutras unidades ata os 48.

Mentres, na área de Ourense hai tres pacientes con coronavirus en UCI -sen cambios- e 36 noutras unidades -dúas máis-, mentres que na de Vigo aumentan a 16 o críticos -un máis- e a 63 os doutras unidades -catro máis-.

Con todo, prosegue a tendencia descendente en novos contaxios e casos activos. En canto aos últimos redúcense a 5.207, o que supón 278 menos que os rexistrados ata a xornada anterior.

Os novos  contaxios diarios detectados con calquera tipo de proba reducíronse a 103, tras os 208 rexistrados a xornada anterior na Galiza, deles 101 positivos confirmados por  PCR nas últimas 24 horas.

En canto á taxa de positividade --porcentaxe de infeccións por test  PCR realizados-- volveu a baixar ata un 1,6%, tras descender ao 3,6% este domingo, polo que se mantén por baixo dese 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa como máximo para dar por controlada a pandemia.

Desde o inicio da pandemia faleceron 2.238 persoas diagnosticadas con Covid-19, tras comunicar  Sanidade este domingo a morte doutras 11 persoas. Todas estas novas vítimas tiñan patoloxías previas e ningunha estaba vinculada a residencias.