Augas de Galicia multa a mina de Touro por verter contaminantes a afluentes do Ulla

Imponlle unha sanción de 30.000 euros.

Augas de Galicia multa con 30.000 euros a empresa mineira de Touro Explotaciones Gallegas S.L., por unha "vertedura non autorizada de lixiviados" aos regatos Burgo e Brandelos, ambos os dous afluentes do río Ulla.

 

A través dun comunicado, a Asociación Aldea Viva remitiu a resolución deste departamento autonómico, recollida por Europa Press, na que se declara "responsábel" a Explotaciones Gallegas por esta vertedura, que tipifica como infracción considerada "leve".

 

Segundo Aldea Viva, no expediente Augas de Galicia "deixa claro que a escusa da recuperación paisaxística que alega a empresa non lle permite realizar verteduras contaminantes ao dominio público".

 

Por todo iso, o portavoz socialista "lamenta esta actitude" da compañía, pois "o máis adecuado", ao seu modo de ver, "sería que recoñecesen os feitos". "Pero parece que nos queren tomar o pelo pretendendo que a Administración actúe de forma arbitraria".