A Audiencia Nacional investiga se existe responsabilidade penal no afundimento do 'Vila de Pitanxo'

Imaxe de arquivo do 'Villa de Pitanxo' (Foto: Nós Diario).

O barco acumulaba sancións por infraccións graves de pesca ilegal de fletán negro.

A Audiencia Nacional abriu unha investigación para dirimir se existe responsabilidade penal no afundimento do pesqueiro 'Vila de Pitanxo', que naufragou o pasado 15 de febreiro a 450 quilómetros ao leste de Terra Nova (Canadá).

Segundo confirman a Europa Press fontes próximas ao caso, a Garda Civil de Pontevedra mantén aberta unha investigación que dirixe o xulgado de Instrución número 1 da Audiencia Nacional.

O fin é dilucidar se existe responsabilidade penal no naufraxio do pesqueiro con base no porto de Marín, no que faleceron nove tripulantes, 12 permencen desaparecidos e houbo tres sobreviventes.

A información adiantada por La Voz de Galicia asegura que o testemuño solicitado polo Instituto Armado do tripulante Samuel Kwesi contradi o relato dos outros dous sobreviventes, o patrón do pesqueiro, Juan Padín, e o seu sobriño Eduardo Rial, ambos os dous veciños da localidade pontevedresa de Cangas.

O testemuño solicitado polo Instituto Armado do tripulante Samuel Kwesi contradi o relato dos outros dous sobreviventes, o patrón do pesqueiro, Juan Padín, e o seu sobriño Eduardo Rial, ambos os dous veciños da localidade pontevedresa de Cangas.

A pasada cuarta feira, o tres sobreviventes declararon en Vigo ante a Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (Ciaim), órgano dependente do Ministerio de Transportes que deberá emitir un informe sobre o sinistro no prazo máximo dun ano. Esta comisión comezou coas súas pescudas após o naufraxio nunha primeira fase na que formou un equipo de investigadores e solicitou "evidencias documentais e electrónicas" sobre o buque, a súa tripulación e a súa viaxe.

Para iso, recompilou: certificados do buque, proxecto de construción, reformas, listas de tripulantes, titulacións e certificados dos tripulantes, rexistros electrónicos dos sistemas de localización do buque (caixa azul de pesca e rexistros do Sistema de Identificación Automática), previsións meteorolóxicas, radiocomunicaciones e sinais de emerxencia.

A investigación da Ciaim (independente da aberta pola Audiencia Nacional) entrou na súa segunda fase, que pasa por entrevistas á tripulación sobrevivente, que chegou a Santiago na madrugada do 21 ao 22 de febreiro nun voo procedente de Terra Nova. Tamén foron entrevistados os familiares dos desaparecidos, que prestaron declaración esta sexta feira.

Versións da armadora e dúbidas das familias

O grupo Nores, armadora da 'Vila de Pitanxo', informou hai uns días de que, "conforme ao trasladado polo patrón", Juan Padín (un do tres sobreviventes do naufraxio), "o accidente produciuse durante a manobra de virada do aparello".

Con base neste relato, o pesqueiro afundiuse "de forma moi rápida" polos golpes de mar que o escoraron, despois de sufrir unha parada no motor principal durante unha manobra de virada do aparello.

Porén, desde as propias familias dos superviventes tiñan dúbidas a respecto desta versión e mesmo sopesaban presentar unha denuncia penal para avriguar as causas do naufraxio.

A 'Vila de Pitanxo' acumulaba varias sancións por infraccións graves de pesca ilegal, entre elas, capturas de fletán negro sen declarar. Así o adiantou Economía Dixital Galicia, con base nunha serie de sentenzas da Audiencia Nacional, ás que tivo acceso Europa Press, a última delas con data do 17 de xullo de 2020.