A audiencia de Fervenzas Literarias elixe Sermos Galiza como mellor medio de comunicación 2018

Os lectores e lectoras da web cultural revalidan así a valoración feita en 2017.  

Os lectores e lectoras da web cultural Fervenzas Literarias escolleron Sermos Galiza como o mellor medio de comunicación de 2018, revalidando así un galardón que este medio de comunicación xa obtivera en 2017. A escolla enmárcase na tradicional votación da audiencia para elixir as obras, autoras e iniciativas vencelladas á literatura galega máis destacadas do ano. As e os lectores de Fervenzas Literarias tamén recoñecen nesta duodécima edición das votacións o labor de medios como Praza Pública, Luzes, Zig Zag e o Diario Cultural da CRTVG.

 

 

Mellor medio de comunicación 2018: Sermos Galiza, Praza pública, Luzes, Zig Zag, Diario Cultural.

 

Mellor espazo literario na web: A Sega, Caderno de Crítica, Biosbardia, Lecturafilia, Criticalia.

 

Mellor libraría do 2018: Cartabón, (Vigo), Lila de Lilith (Compostela), Couceiro Compostela), Miranda (Bueu), Cronopios (Pontevedra e Compostela).

 

O peor acontecido en 2018: O falecemento de Xabier P. Docampo, os cambios no Diario Cultural da RG, A política cultural e lingüística do goberno de Galiza, a marcha de Manuel Bragado de Xerais, A baixada de títulos en galego.

 

O mellor acontecido en 2018: Culturgal, Día das Letras galegas para Mª Victoria Moreno, Colección Feminismos de Galaxia, a chegada a Galiza de 'A derradeira lección do mestre', 0 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

 

Crítico literario: Armando Requeixo, Mario Regueira, Ramón Nicolas, Montse Pena, Beta Dávila.

 

Mellor editorial 2018: Xerais, Urco Editora, Galaxia, Apiario, Kalandraka.

 

Mellor capa de LIX do 2018: A balada dos unicornios (Ledicia Costas), O bestiario científico de Anxos Nogueirosa (Antonio M. Fraga), Mamá, quero ser Ziggy Stardust (Iria Misa e ilustracións Alba Barreiro), Street Poems (Fran Alonso), Pioneiras (Anair Rodríguez e ilustracións de Nuria Díaz)

 

Mellor capa de adultos do 2018: Besta do seu sangue (Emma Pedreira), A simetría das bestas (Alberto Ramos), Todo isto antes era noite (Lucía Aldao), A cámara de sangue e outros relatos (Angela Carter), Campus Morte (Lito Vila)

 

Ilustrador/a do 2018: Víctor Rivas, Eva Agra, Alba Barreiro, Nuria íaz, Luz Beloso

 

Autor/a do 2018: Emma Pedreira, Ledicia Costas, Manuel Rivas, Lucía Aldao, Antonio M. Fraga.

 

Mellor libro traducido para o público infantil e xuvenil 2018: Pippi medias longas (Kalandraka), O señor dos aneis (Sushi Boocks), Coraline (Urco), Irmáns! (Algar), A Colmea (Baía).

 

Mellor libro infantil. 2018Mamá, quero ser Ziggy Stardust (Iria Misa e ilustracións Alba Barreiro), Pioneiras (Anair Rodríguez e ilustracións de Nuria Díaz), Kusuma (Héctor Cajaraville e ilustracións de María Lire ), As peripecias de Extravaganzza Pérez (Ledicia Costas e ilustracións Óscar Villán), A raíña das tortas  (Álex Mene e ilustracións Branca G. Crespán).

 

Mellor libro xuvenil. 2018: A balada dos unicornios (Ledicia Costas),  O bestiario científico de Anxos Nogueirosa (Antonio M. Fraga), DX (Eli Ríos), Palabra de Bruxa (Andrea Barreira Freije), Iridium (Francisco Castro).

 

Mellor libro traducido para publico adulto 2018A cámara do sangue e outros relatos (Ángela Carter. Trad. de María Reimóndez),  A peste  (Albert Camus. Trad. de Isabel Soto e Xavier Senín), A señora Dalloway  (Virginia Wolff. Trad. de Celia Recarey Rendo), Momentos estelares da humanidade  (Stefan Zweig. Trad. de Laureano Araujo), O ano da lebre (Arto Paasilina. Trad. de Tuula Aloha e Tomás G. Ahola)

 

Mellor libro de banda deseñada. 2018: O puño e a letra (Yolanda Castaño e VVAA), A viñeta de Schrödinger (A Mesa pola Normalización Lingüística, VV.AA),  O bichero VIII  (Luís Dávila), O Corpo de Cristo (Bea Lema), Tam (Anémona de Río).

 

Mellor libro de teatro. 2018: Eroski Paraíso (Chévere)A formiga fóra do carreiro  (Raquel Castro), Dramaturxia galega actual (VV.AA), Tres obras teatrais  (Andrés Pociña), A derradeira bala  (Fernando Castro Paredes).

 

Mellor libro de ensaio e investigación. 2018Vivir a galope (María Xosé Queizán), Contra todo isto (Manuel Rivas), Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galiza (Montse Pena), Fariña (Nacho Carretero), Chámame señora, pero trátame coma a un señor (Inma López Silva).

 

Mellor libro de poesia. 2018Todo isto antes era noite (Lucía Aldao), Corpo (Antón Lopo), Resistencia da auga (Xabier Cordal), Antídoto (Emma Pedreira), Claus e o alacrán (Lara Dopazo Ruibal).

 

Mellor libro de narrativa. 2018: Besta do seu sangue (Emma Pedreira), O exército de fume (Manuel gago), Vivir sen permiso e outras historias de Oeste (Manuel Rivas), Senlleiras (Antía Yañez), As Ramonas (Ana Cabaleiro).