Atrasada un mes máis a decisión sobre a segunda dose de AstraZeneca

A Comisión de Saúde Pública, na que están representadas as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, decidiu pospoñer a decisión da administración da segunda dose da vacina contra a Covid-19 de AstraZeneca en persoas menores de 60 anos á espera de coñecer os resultados do estudo do Instituto de Saúde Carlos III ( ISCIII) sobre a seguridade e eficacia de poñer no seu lugar unha dose de Pfizer.

AstraZeneca
photo_camera O fármaco de AstraZeneca contra a Covid-19. (Imaxe: Europa Press)
Comentarios