Atopan dúas granadas de man no Rexistro da Propiedade de Corcubión

Oficinas do Rexistro da Propiedade de Corcubión. (Foto: Google Maps)
Aínda se descoñece se estaban cargadas e activadas, mais todo apunta, en calquera caso, a que eran armas reais.

Unha persoa atopou esta segunda feira dúas granadas de man ás portas da sede do Rexistro da Propiedade da localidade de Corcubión, na comarca de Fisterra, segundo veñen de trasladar fontes da Garda Civil.

O achado produciuse á primeira hora da mañá desta segunda feira e efectivos policiais ordenaron desaloxar o edificio e acordoar a zona, ao tratarse, segundo as primeiras informacións, de armas reais.

Ademais, foi mobilizado até o lugar un equipo de especialistas en explosivos, que se desprazaron para verificar se as granadas tiñan carga e se estaban activadas e, polo tanto, podían explotar.
[EN AMPLIACIÓN]