Atopan un cráneo e ósos humanos baixo o antigo hotel Praia América de Nigrán

Vista aérea de Nigrán (Foto: Farrangallo).
Actualmente, os ósos están en posesión do servizo de criminalística para poder identificar o achado e por tanto,a situación atópase en proceso de investigación.

Os operarios que se atopaban realizando obras de instalación dun ascensor no antigo hotel Praia América de Nigrán (comarca de Vigo), que agora é unha comunidade de veciños, atoparon o que parecen ser, restos óseos humanos.

Segundo confirmaron fontes policiais, foi a sexta feira cando se produciu o achado durante os traballos no oco do ascensor e inmediatamente os operarios chamaron á Garda Civil para informar do acontecido.

Actualmente, os ósos están en posesión do servizo de criminalística para poder identificar o achado e por tanto,a situación atópase en proceso de investigación.

O edificio

O edificio foi fundando nos anos 30 polo empresario e emigrante en Arxentina, Manuel Lemos. Primeiramente, o inmóbel empezou a funcionar como un centro social denominado o 'Pabellón Bleu'.

Posteriormente o edificio denominouse hotel Praia América e despois foi transformado para uso residencial.