Análise

A atención ás violencias machistas desde o local

Imaxe cedida

Dolores G. Docobo, enfermeira no centro de saúde de Ribadeo, e Luísa Couceiro, directora e asesora xurídica do CIM de Ribadeo, ofrecen para Sermos Galiza unha radiografía do combate contra a violencia machista desde o ámbito local.

Aparentemente, cada vez son máis as persoas que rexeitan e condenan os casos de asasinato machistas ou de violencia física no seo da parella ou ex-parella. Despois dun feminicidio as redes ferven de carraxe e as portas dos concellos e das institucións acollen a cidadanía e politicxsque cando menos por un minuto lembran a inxustiza das mulleres asasinadas.

De igual modo, temos a impresión de que corren tempos de involución á hora de identificar vellas formas de machismo, de sexismo. Demonízase o uso das novas tecnoloxías entre a xente moza como se fosen as culpables dos acosos que por elas transitan. Non son máis que os novos instrumentos e recursos cos que conta na actualidade a cidadanía para relacionarse e que reproducen os valores do sistema heteropatriarcal. Transmiten as  vellas formas da violencia  machista e socialmente noméanse como os novos machismos. Coñecida é a facilidade do patriarcado para adaptarse aos tempos e sortear os avances da loita feminista.

 

[Podes ler a análise íntegra no número 273 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]