Atalaya Mining porfía na reapertura da mina de Touro-O Pino

A empresa promotora do proxecto de reactivación da mina de Touro-O Pino traballa no deseño dun proxecto "novo" para os xacementos de cobre que a plataforma veciñal contra a explotación destes recursos iguala ao anterior. A iniciativa é a mesma, din, e volverá bater co rexeitamento social que xa a botou abaixo unha vez. Mentres, Atalaya Mining confía en contar co favor dos seus accionistas para retomar un proxecto "sostíbel" capaz de "replicar a historia de éxito de Riotinto", en Huelva.  
Vertidos contaminantes procedentes da mina de Touro-O Pino chegan aos afluentes do Ulla. (Foto: Europa Press).
photo_camera Vertidos contaminantes procedentes da mina de Touro-O Pino chegan aos afluentes do Ulla. (Foto: Europa Press).
Comentarios