Así soou na Galiza a primeira das cazoladas contra a monarquía española

(Arquivo)

Hoxe, 18 de marzo, hai convocadas 2 cazoladas contra a monarquía española. A primeira delas, ás 12:00 horas, pedía que o rei emérito, Juan Carlos I, fixese doazón á sanidade pública dos millóns de euros recibidos presuntamente polo Borbón de Arabia Saudí.

Nas redes sociais circulan imaxes e audios dalgunhas das cazoladas nesa convocatoria, como a que se realizou en diversos puntos da Coruña.

Pero esta non é a única cazolada de hoxe. A segunda está a 'rular' nas últimas horas, desde que se informou por La Zarzuela que Filipe VI vai dar na noite desta cuarta feira un 'discurso a la nación'. A cazolada está convocada para a mesma hora (21:00) na que se prevé que fale Filipe VI e quer mostrar o rexeitameno á institución monárquica.

Esta cazolada conta co apoio de formacións soberanistas como BNG, ERC, CUP ou Bildu, entre outras, que nun comunicado conxunto chaman a "axitar as cacerolas para expresar a urxencia de dicir adeus á monarquía e construñir as repúblicas dos pobos".