Hoxe, 18 de marzo, hai convocadas 2 cazoladas contra a monarquía española. A primeira delas, ás 12:00 horas, pedía que o rei emérito, Juan Carlos I, fixese doazón á sanidade pública dos millóns de euros recibidos presuntamente polo Borbón de Arabia Saudí.
Nas redes sociais circulan imaxes e audios dalgunhas das cazoladas nesa convocatoria, como a que se realizou en diversos puntos da Coruña.
A Coruña, 18 de marzo, mediodía. Cacerolada para que Juan Carlos I done el dinero saudí a la lucha contra el coronavirus pic.twitter.com/YFZbAlfRN1
— Marcos Lema (@marcos__lema) March 18, 2020
Pero esta non é a única cazolada de hoxe. A segunda está a 'rular' nas últimas horas, desde que se informou por La Zarzuela que Filipe VI vai dar na noite desta cuarta feira un 'discurso a la nación'. A cazolada está convocada para a mesma hora (21:00) na que se prevé que fale Filipe VI e quer mostrar o rexeitameno á institución monárquica.
Esta cazolada conta co apoio de formacións soberanistas como BNG, ERC, CUP ou Bildu, entre outras, que nun comunicado conxunto chaman a "axitar as cacerolas para expresar a urxencia de dicir adeus á monarquía e construñir as repúblicas dos pobos".