Gastronomía

Así foi a histórica Feira do Requeixo e do Mel das Neves

Xosé Manuel Rodríguez e Xabier Fortes esta fin de semana nas Neves. (Foto: Concello das Neves)
Persoas chegadas desde todos os concellos do Condado, procedentes de Tui, A Guarda, Vigo, Pontevedra, mesmo, familias da Coruña, Ourense e Lugo e das vilas portuguesas de Melgaço e Monçao, puideron gozar da gastronomía da zona, do requeixo e do mel, que superou as 3.000 racións servidas cada un dos días da feira.

Todas as racións de requeixo e mel vendidas, milleiros de visitantes, bares, restaurantes, cafeterías, foodtrucks, postos ambulantes, terrazas e zonas de lecer ateigadas, momentos nos cales non había sitio dentro da carpa, situada na Praza Maior, mesmo instantes nos que non era posíbel camiñar polo casco urbano. Ese é o resumo da 30ª Feira do Requeixo e do Mel que xa é histórica logo de se converter na máis visitada da historia.

Persoas de todos os lugares

Persoas chegadas desde todos os concellos do Condado, procedentes de Tui, A Guarda, Vigo, Pontevedra, mesmo, familias da Coruña, Ourense e Lugo e das vilas portuguesas de Melgaço e Monçao, puideron gozar da gastronomía da zona, do requeixo e do mel, que superou as 3.000 racións servidas cada un dous días da feira.

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, amosouse "abraiado e moi agradecido" polo "éxito" desta edición que, salientou, mostrou que a Feira do Requeixo volve a estar na "vangarda", contribuindo á cultura, a gastronomía, a economía e o turismo, "non so das Neves, senon de todo o noso territorio".

“Emocionante, Xabier Fortes”

O momento álxido da celebración foi o pregón do xornalista de TVE Xabier Fortes, quen falou da súa relación co requeixo, "sempre vinculada ao mel: da súa mestura xurdía unha explosión de dous sabores tan opostos e, ao mesmo tempo, tan complementarios, con ducias de matices que ían do amargo e ácido ao doce, como se fosen cores dunha paleta para pintar un arco da vella".

Tamén dedicou a súas lembranzas ás mulleres, desde "as da miña vida", como a avoa, que lle daba o requeixo bañado en mel, a "todas as que gobernaban familias e terras, que tiñan o mundo baixo os seus pés. A todas elas, a todas as mulleres das Neves e a todas as mulleres do mundo vai dedicado este pregón".

Cultura, lecer, diversión e paisaxe

Tamén houbo tempo estes días para a paisaxe, dentro dun programa que comezará o pasado día 2 coa 'Andaina do Requeixo e do Mel', na cal participaron máis dun centro persoas.

Completaron a oferta o lecer e a música, con actividades na reformada Casa da Xuventude, un espazo infantil con manualidades, pintura, mesmo elaboración do requeixo, a carón da Casa do Concello, a agardada actuación da Roda o -dentro do programa Musigal da Deputación de Pontevedra-, deron forma a unha cita que consolida a feira como un referente na Galiza.