Asasinada a cuarta muller, no Estado español, por violencia machista en sete días

Aconteceu no concello de Orihuela (Alacant) esta segunda feira. O presunto asasino continúa en paradeiro descoñecido.

 

Máis unha muller asasinada pola violencia de xénero. Esta segunda feira (4 de agosto) unha muller de 40 anos foi atopada sen vida no seu domicilio. Fontes policiais aseguraron á axencia de noticias Efe que embora continuar a ser investigado, enmárcase nun novo caso de violencia machista. 

Segundo informou nun comunicado o Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciá, o asasino confesou a un familiar ser o autor do feminicidio.

A muller tería sido asasinada cun obxecto contundente co que o seu ex-compañeiro --en búsqueda e captura-- a golpeou fortemente e en repetidas ocasións na cabeza. O corpo foi atopado por volta das 13.00 horas. 

Con esta suman xa catro mulleres nos últimos 7 días após o asasinato de Verónica Frías (Málaga) na segunda feira, Sara Fernández (Pazos de Borbén), na terza feira e Mari Carmen Marín (Almería) o pasado sábado. 

No que vai de ano suman xa 49 feminicidios no conxunto do Estado español, 6 deles na Galiza.