Todo preparado en Arzúa para celebrar a 48º edición da Festa do Queixo

Imaxe dunha edición pasada da Festa do Queixo (Foto: Festa do Queixo de Arzúa).
A semana pasada, o alcalde de Arzúa, José Luís García fixo a presentación oficial da festa e nela deu a benvida a todos os asistentes e resaltou o feito de estar a chegar case aos 50 anos a que é unha das festas gastronómicas máis antigas da Galiza.

Esta fin de semana a localidade de Arzúa será a protagonista dun dos produtos lácteos por excelencia, o queixo.

A edición número 48 desta celebración xa comezou hai uns días mais o prato forte chega estes días 4 e 5 de marzo cunha ampla programación de actividades, música e, como non, degustación de queixos.

Ás once da mañá do sábado día 4 inaugurarase oficialmente a Festa do Queixo no campo da feira da localidade arzuá.

Exporanse os cartaces da festa na capela da Madanela de 11 da mañá a 13 horas e, despois do xantar, de 16 a 18 horas.

Así mesmo, entregaranse os premios aos cartaces gañadores do ano pasado

Ao longo do sábado, a charanga Santa Compaña e o grupo de gaitas Luar das augas encargaranse de amenizar a festa. Haberá tamén un obradoiro gratuíto ‘elabora os teus pans de queixo’ no cal cómpre inscribirse canto antes, xa que hai prazas ilimitadas.

O día fecharano os grupos musicais Sidecars, Apart, Muchachito bombo infierno e We’re not DJ’s.

Xornada do domingo

O último día comeza co grupo de gaitas Faíscas da Pontraga que tocará de 10 a 12 horas.

De 10.15 a 14 horas haberá un torneo de xadrez en que poderán participar os xogadores federados. Ás 12.30 horas tocarán Rondalla Moraima e xa a partir das 18 horas actuarán Leilía e as Tanxugueiras, fechando así a Festa do Queixo.

A semana pasada, o alcalde de Arzúa, José Luís García fixo a presentación oficial da festa e nela deu a benvida a todos os asistentes e resaltou o feito de estar a chegar case aos 50 anos a que é unha das festas gastronómicas máis antigas da Galiza.

“Foron meses de traballo, máis do que a xente pensa, que comeza nada máis rematara a pasada edición coa avaliación do ano pasado”, destacou o rexedor.