Un artigo de Miriam Ferradáns publicado en Nós Diario, Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

O artigo "Dalias" foi publicado o 10 de novembro de 2020 en Nós Diario. As otras finalistas eran Patricia Hermida por Historia de como Avó Antonio subiu ao ceo e Cláudia Morán, por Un deserto, aparecido o 18 de novembro de 2020 en Nós Diario.

“De aquí ao nordés unha volta de pescozo leve para ver o bosquexo dunha illa que descansa. Xa está. Chegou a calma e a vida normal aos penedos de Ons”: Así comeza ‘Dalias’, o artigo de Miriam Ferradáns que vén de ganar o XVIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego.

O artigo foi  publicado o 10 de novembro de 2020 en Nós Diario, medio co que Ferradáns colabora habitulamente e xornal no que tamén colabora outra das 3 finalistas desta edición do premio, Cláudia Morán Morán chegou a esta fase co seu artigo Un deserto, aparecido o 18 de novembro de 2020 en Nós Diario. A terceira finalista era a xornalista Patricia Hermida, por Historia de como Avó Antonio subiu ao ceo, publicado o 5 de maio de 2020 en El Correo Gallego.

Tres finalistas, tres mulleres, que foron elixidas após a deliberación do xurado, integrado por Víctor Freixanes, Carlos Valle, Fina Casalderrey, Gloria Rodríguez e Cristina Pato.

Miriam Ferradáns Ferradás (Bon, Beluso, Bueu, 1982) é unha poeta galega.Entre as súas obras, Nomes de fume (2017),  Deshabitar unha casa (2017) ou  Agosto (2019).

Un total de 29 artigos optaban á XVIII edición do Premio Fernández del Riego. Podían presentarse artigos incluídos no xénero do xornalismo literario ou ben no xénero de artigo de opinión, coa única condición de que só se presentase un texto por autor que fose recollido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020 en calquera medio de comunicación, impreso ou dixital, de cabeceiras recoñecidas he escrito en lingua galega.

O premio está dotado con 10.000 euros. Entre os gañadores podemos sinalar nomes tan importantes como Fina Casalderrey, Carlos G. Reigosa, Rosa Aneiros, Manuel Rivas, Manuel Bragado, Luís Pousa, Ramón Loureiro, Tamara Montero, Miguel Anxo Murado, Inma López Silva ou Cristina Pato, gañadora da última edición.