As infeccións activas por Covid na Galiza continúan á baixa. Hai 9.284 persoas cunha PCR positiva, 202 menos que a xornada anterior. Con todo, os novos contaxios superan lixeiramente o medio centenar e a presión hospitalaria estabilízase, con 274 hospitalizados.
Segundo os datos publicados esta sexta feira pola Consellaría de Sanidade nas últimas 24 horas o Sergas confirmou 559 contaxios novos, a maior parte deles rexistrados nas áreas sanitarias de Santiago, Lugo e A Coruña.
Así, os distritos de Santiago e O Barbanza sumou 130 casos novos, seguidos moi de perto polos de Lugo, A Mariña e Monforte con 125 infeccións novas. A área da Coruña supera, tamén, o centenar de casos, con 116 contaxios novos. Vigo anotou 61 casos; Ourense, 74; Pontevedra, 31, e Ferrol, 22.
Casos activos
As infeccións activas mantéñense por baixo da barreira dos 10.000 por terceiro día consecutivo e sitúanse en 9.284. Por áreas sanitarias, Vigo encabeza a baixada, con 130 infeccións activas menos até as 1.943.
Con todo, é a área da Coruña e Cee que continúa liderando a relación de infeccións activas, con 2.530 (-79). Pontevedra ten 731 infeccións en total (-64) e Ferrol 660 (- 36).
A evolución é mais negativa en Santiago, Lugo e Ourense, onde soben as infeccións activas. A área de Lugo suma 45 casos activos até os 1.422. Santiago engade 43, até os 1.291, e Ourense anota 19 até situarse nas 707 infeccións activas.
Presión hospitalaria
Nos hospitais galegos, o descenso de pacientes ingresados freou nas últimas horas. Así, manteñen 274 doentes con Covid hospitalizados, os mesmos que o último día. Destes 57 recupéranse en UCI e 217 en unidades convencionais.
Por áreas sanitarias descende nas áreas da Coruña e Ferrol. Sobe nas áreas de Pontevedra e Lugo e mantense nas de Vigo, Ourense e Santiago.
Incidencia acumulada
A incidencia acumula descende no conxunto da Galiza malia as alzas diarias que están a rexistrar as áreas de Ourense, Lugo e Santiago.
No conxunto do territorio, a incidencia a sete días sitúase na contorna dos 139 casos por 100.000 habitantes mentres que a 14 días rolda os 296 casos.
A sete días, Ourense ten 111, Santiago 164 e Lugo 237; con subas de cinco, seis e nove puntos respectivamente a respecto do día anterior.
A 14 días, as sobren máis de 10 puntos para situarse cunah incidencia de 211, 267 e 399, respectivamente.
Falecementos
Desde o inicio da pandemia faleceron 2.553 persoas con coronavirus. O último deceso notificado por sanidade corresponde a unha muller de 99 anos ingresada no Hospital Virxe dá Xunqueira de Cee.