Aparece a moza desaparecida en Lugo

Está en bon estado de saúde. Estaba nun hostal de Lugo para evitar as presións dun mozo co que mantiña unha relación.

A moza de 26 anos cuxa desaparición denunciaran os seus pais apareceu nun hostal de Lugo e en bo estado de saúde, segundo informan diversos medios. Optou por se ocultar nun hostal para evitar as presións dun mozo de Baralla co que tiña unha relación, mozo que foi detido pola Policía a raíz da desaparición desta muller. O veciño de Baralla segue detido por suposta violencia de xénero

Desde un primeiro momento na investigación non se descartou ningunha hipótese, incluída unha desaparición voluntaria.