A moza de 26 anos cuxa desaparición denunciaran os seus pais apareceu nun hostal de Lugo e en bo estado de saúde, segundo informan diversos medios. Optou por se ocultar nun hostal para evitar as presións dun mozo de Baralla co que tiña unha relación, mozo que foi detido pola Policía a raíz da desaparición desta muller. O veciño de Baralla segue detido por suposta violencia de xénero
Desde un primeiro momento na investigación non se descartou ningunha hipótese, incluída unha desaparición voluntaria.