Aparece o cadáver dun home, aínda sen identificar, no río Miño ao seu paso por Lugo

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)
O corpo apareceu en avanzado estado de descomposición na noite desta terza feira.

O cadáver dun home foi achado na noite desta terza feira no río Miño ao seu paso pola parroquia de Conturiz, no concello de Lugo. Segundo informaron fontes policiais, o corpo foi achado ás 22.50 horas e ao lugar desprazáronse axentes da Policía Local e da Policía Nacional, así como os bombeiros.

Estas mesmas fontes precisaron que o corpo está en avanzado estado de descomposición e non puido ser aínda identificado. Foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti para realizar a autopsia para determinar as causas do falecemento, así como as probas oportunas para dar coa súa identidade.