Antía Otero agarda que o O Diario Galego achegue "contra-información e outro tipo de mirada"

Editora, escritora e actriz, conversamos con Antía Otero sobre O Diario Galego, o proxecto de xornal en papel que Sermos prepara para 2019.

Antía Otero saúda o proxecto de novo diario en papel e agarda del unha aposta clara pola "contra-información e por outro tipo de mirada". O contexto faino moi necesario, reflexiona. "As liberdades estanse a recortar dun xeito brutal e ante iso hai unha mirada única. Todo o que sexa abrir ese marco, xerar crítica, todo o que sexa que apareza outro tipo de pensamento, pois é importantísimo", considera nun vídeo gravado na redacción de Sermos.

 

Estima que O Diario Galego pode xogar un rol positivo na divulgación da cultura e da lingua do país. "Toda achega á cu ltura é sempre benvida", di, ao tempo que fai votos por que o novo meio sexa "sensíbel"  e traballe por "visibilizar" o sector do libro, ao que ela -como responsábel da editora Apiario- está especialmente ligada.

 

Antía Otero tamén reflexiona sobre a ligazón que deben manter papel e dixital neste proxecto. "O papel non debe competir co dixital, senón que debe xerar un plus, que podas atopar nel artigos de opinión ou de investigación un pouco máis demorados, un pouco máis en profundidade".