Anpas de Vigo inician mobilizacións polos recortes educativos e poñen o foco en alumnos con necesidades especiais

Imaxe de arquiivo dunha protesta contra os recortes de Educación (Foto: Arxina).

A Federación Olívica de Anpas reúne máis de 80 asociacións

A Federación Olívica de Anpas (Foanpas), que reúne máis de 80 asociacións de nais e pais de centros educativos de Vigo e a súa área, iniciará esta quinta feira un calendario de mobilizacións para denunciar os recortes da Consellaría de Educación nos colexios, facendo especial fincapé nos problemas de atención a alumnos con necesidades especiais.

Segundo trasladou a presidenta de  Foanpas, Iria  Salvande, nunha rolda de prensa, os recortes nos centros educativos "son xeralizados" no que respecta o profesorado e, con respecto os estudantes con necesidades especiais, a entidade calcula que, "entre o 60 e o 80 % dos centros" da cidade necesitan reforzo de profesionais de Pedagoxía Terapéutica ou Audición e Linguaxe.

Desde  Foanpas criticaron a falta de solucións por parte da Consellaría de Educación, e advertiron de que a administración non pode ampararse no catálogo do curso pasado para decidir os recursos, porque no curso actual "hai máis alumnos".

Ademais desas necesidades, existen outras carencias nos colexios, e puxo como exemplo a Escola de Educación Infantil  Hernán Cortés, que "só dispón dun profesor de Inglés e só vai un día á semana"; os problemas no transporte para os alumnos do CEIP San Salvador; a agrupación de cursos no CEIP O Selo; ou a "saturación" no IES Santo Tomé, con aulas de máis de 30 alumnos.

Por iso, esta quinta feira iniciarán un calendario de mobilizacións, comezando polo CEIP Alfonso D. R. Castelao de Navia, cuxa Anpa criticou a falta de profesorado especializado a pesar de que, este curso, aumentaron os alumnos con necesidades especiais.

De feito, o seu presidente, Juan Santos, apuntou que o número de escolares que necesitan ese apoio pode roldar o 30 % do total de alumnos.

Desde  Foanpas criticaron a falta de solucións por parte da Consellaría de Educación, e advertiron de que a administración non pode ampararse no catálogo do curso pasado para decidir os recursos, porque no curso actual "hai máis alumnos".

En todo caso, explicaron que están a elaborar un informe cos datos achegados por todas as Anpas para coñecer as necesidades e reforzos que necesitan, e trasladalas á Consellería de Educación.