Andrea será sometida esta sexta feira a un recoñecemento xudicial e forense

CHUS

O Xulgado quere determinar polo miúdo a esta nena de 12 anos que padece unha enfermidade neurodexenerativa irreversíbel está "terminal" e se hai unha "prolongación innecesaria de la agonía"

O Xulgado de Instrución nº6 de Compostela vén de dictar unha providencia para que o Instituto de Medicina Legal de Galiza proceda a realizar un recoñecemento “xudicial e forense” a porta fechada a Andrea, a nena ingresada no CHUS cunha enfermidade irreversíbel e para a que os pais piden unha morte digna. Non é esta a única decisión adoptada polo Xulgado, que tamén remitiu unha providencia ao Sergas solicitando, entre outras cuestións, o informe clínico completo da rapaza de Noia. O recoñecemento faríase esta sexta feira.

Segundo avanzou a Cadea Ser, con estas medidas o Xulgado o que procura é ter un coñecemento polo miudo da situación da nena e de se o tratamento ao que está sometida é desproorcionado a respecto das expectativas de mellora.

Cómpre lembrar que esta quinta feira o Hospital Universitario de Compostela (CHUS) anunciou que remitiría ao xulgado toda a información sobre Andrea,. Enviarán ao Xulagdo tanto o informe do comité de ética como todo o relativo ao diagnóstico da nena. Xa o fixeron en xullo, lembrou o xerente, mais vólveno facer agora, despois de que os pais de Andrea anunciasen esta cuarta feira que ían recorrer á xustiza para garantir unha morte digna para a súa filla. O CHUS derivaba así aos xuíces a decisión sobre Andrea.