Ana Pontón suspende a súa axenda após dar positivo na Covid-19

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Nós Diario)
Asegura que non presenta síntomas e que agarda "volver canto antes".

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, acaba de anunciar nas súas redes sociais o seu contaxio por Covid-19, após a realización dunha PCR que resultou positiva.

Pontón comunicaba na súa conta de Twitter que suspenderá a súa axenda como portavoz nacional do BNG e líder da oposición "durante os próximos días.

Tal e como ela mesma explica, tiña pensado viaxar nas vindeiras horas a Chile para acudir a investidura do novo presidente electo do país, Gabriel Boric, mais a proba diagnóstica necesaria para poder viaxar internacionalmente resultou positiva.

Nada máis anunciar o seu positivo, recibiu as mostras de cariño de compañeiras de partido, como Rubén Cela, Ana Miranda e Olalla Rodil, e persoeiros da sociedade civil galega, como as escritoras Marilar Aleixandre e Antonio M. Fraga ou a cineasta Margarita Ledo.