Alumnado de Traballo Social chama ao peche o 26 de novembro

Alumnado preparando o peche do día 26

A Asamblea Aberta de Traballo Social denuncia o elevado prezo da matrícula pola súa condición de centro adscrito.

 

Tras se reunir o mércores 7 de novembro, a asemblea determinou pecharse en protesta pola privatización do centro. Está adscrito á USC, porén, a titularidade xurídica pertence á fundación relixiosa Santiago Apostolo de Ciencias Sociais.

 

Como resultado, o alumnado da titulación debe pagar unha primeira matrícula de 2.478€, moi lonxe dos prezos públicos. Na USC, unha carreira non experimental como é Traballo Social tería un prezo inicial de 600 €.

 

Por este motivo, chaman ao peche na Facultade a segunda feira 26 de novembro. Dado que o centro non é público, unicamente o alumnado da titulación poderá levalo a cabo.