O alumnado de Folgoso non irá a aulas esta semana en defensa do transporte no Courel

A comunidade escolar de Folgoso do Courel está en protesta pola substitución que prepara a Xunta do actual servizo de transportes (taxis) por uns autobuses que, debido ao seu tamaño, non poderán atravesar as rúas do concello, deixando sen traballo seis familias de transportistas de Folgoso e obrigando o alumnado a desprazarse para coller os novos autobuses, soportando un clima adverso e baixas temperaturas. Nós Diario conversa sobre a problemática con Lourdes González, directora do CEIP Poeta Uxío Novoneyra.
 
Lourdes González, terceira pola esquerda (abaixo), nunha protesta da comunidade educativa en Folgoso (Foto: Nós Diario)
photo_camera Lourdes González, terceira pola esquerda (abaixo), nunha protesta da comunidade educativa en Folgoso (Foto: Nós Diario)

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios