CARTA A SERMOS

Algo cheira a podrido no INE

 

Despois das eleccións celebradas o pasado mes de decembro, que deron como resultado unha grande dispersión do voto, a formación de goberno víase complexa. O tempo confirmouno.O día catro de marzo, co fracaso do segundo intento de investidura por parte de Pedro Sánchez, comezou a correr o prazo para unha nova convocatoria.

O día dous de maio as Cortes quedaron disoltas e o día tres convocáronse novas eleccións.
Dous meses, conforme ó disposto na lei, pasaron entre a disolución e a nova convocatoria. Dous meses parece tempo máis que suficiente para unha correcta planificación dos traballos que un proceso electoral supón. Pois non. 

O conflito nace da decisión do presidente do INE de suprimir as retribucións que percibía o persoal do Censo como compensación polo incremento da carga de traballo

No país onde a improvisación e a chapuza son o standard de calidade as cousas non se poden facer ben, é impensable, inconcibible. Os responsables da Oficina do Censo Electoral, organismo encadrado no Instituto Nacional de Estatística, non deberon ter tempo suficiente para facer o seu traballo. Boa proba disto é o conflito laboral ó que se enfronta a Oficina do Censo Electoral en pleno proceso electoral e que, segundo algunhas fontes, fai perigar o proceso especialmente no referente á tramitación das solicitudes de voto por correo.

O conflito nace da decisión do presidente do INE de suprimir as retribucións que percibía o persoal do Censo como compensación polo incremento da carga de traballo, baseándose nun informe da Comisión Delegada, que ninguén coñece, e nun requirimento da Inspección de traballo da provincia de Alicante. Asimesmo a presidencia do INE rexeitou reunirse coa representación sindical e, deste xeito, tentar buscar unha solución a un problema que vén de vello.

Tamén pode ser que, como a secretaria xeral e mais unha xefa de área foron chamadas a declarar por un xulgado de Lugo en calidade de investigadas nun presunto caso de prevaricación, non tiveran tempo para facer unha correcta planificación.

Mercedes Santiago.