O Ministerio de Sanidade enviou a todas as comunidades unha alerta sanitaria para que procederan á retirada inmediata de todas as mascaras “Garry Galaxy” contidas en envases verdes.
O persoal puido estar sometido a un posíbel contaxio por considerar que estaba protexido con elas, cando non foi así
CIG-Saúde afirma ter constancia de que estas máscaras, que cualifica de "defectuosas", estanse a utilizar nos centros sanitarios do Sergas, en unidades de hospitalización e de urxencias. Advirte que o persoal puido estar sometido a un posíbel contaxio por considerar que estaba protexido con elas, cando non foi así.
Por iso demanda que se proceda á inmediata retirada deste material, que se identifique a todo o persoal que estivo en exposición de risco, cunha falsa protección, e se proceda de inmediato á realización do test que corresponda.
Tamén CCOO demanda ao Sergas a retirada deste material e que se lles paga probas de coronavirus a todas as profesionais que nestes días empregaron esas máscaras.
O Ministerio de Sanidade ordenou a retirada inmediata deste modelo. A conclusión dun informe técnico encargadpo era clara: "non cumpre" coa normativa europea.