Alerta en San Sadurniño. O encoro do río Castro a piques de romper

O río Castro en San Sadurniño (Foto: Wikiloc).
A Axencia Galega de Emerxencias pide "máxima precaución" á cidadanía evitando achegarse á súa ribeira nas próximas horas.

A Axencia Galega de Emerxencias informou nesta tarde desta sexta feira da debilitación da presa do río Castro, en San Sadurniño.

Segundo esta información hai unha posibilidade moi real de que o encoro rompa.

Non se prevén, porén, danos persoais nin materiais augas abaixo.

Con todo, a rotura do encoro provocaría un incremento importante do caudal até a confluencia co río Grande de Xubia.

Por iso, a Axencia Galega de Emerxencias pide "máxima precaución" á cidadanía evitando achegarse á súa ribeira nas próximas horas.