Alerta sanitaria: Sanidade paraliza a actividade dunha queixería en Taboada e retira os seus produtos do mercado

No control detectáronse “incumprimentos graves que non poden garantir a seguridade dos produtos elaborados” na factoría.

A Axencia española de seguridade alimentar (Asean) rinforma que a Consellería de Sanidade decidiu paralizar a actividade nunha fábrica de queixos do Seixo, Taboada (Lácteos Casa Macán S.L) e a retirar os seus produtos do mercado de maneira cautelar, por mor dos resultados duns controis realizados na factoría e que apontan a "graves incumprimentos", 

No control detectáronse “incumprimentos graves que non poden garantir a seguridade dos produtos elaborados” na factoría. Os produtos afectados por esta alerta sanitaria son: Manteiga cocida de vaca, queixo D.O Arzúa Ulloa, queixo D.O Tetilla, queixo D.O Arzúa Ulloa curado, queixo de barra Costeño e queixo galego en lascas.

Os produtos foron distribuídos ademais de na Galiza en territorios como Catalunya e Castela-A Mancha.