Alerta laranxa por altas temperaturas esta terza feira en Ourense, que pode chegar aos 40 graos

Dous rapaces xogan con auga nun parque de Ourense (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
Ante este episodio de altas temperaturas, recoméndase extremar as precaucións, especialmente entre os colectivos máis vulnerábeis, como persoas maiores, crianzas, persoas con enfermidades crónicas e tamén no caso de persoas que realizan traballos físicos intensos ou deporte ao ar libre.

A dirección xeral de Emerxencias activou para esta terza feira a alerta laranxa por altas temperaturas na zona do Miño de Ourense. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), trátase dun fenómeno meteorolóxico que se espera que comece ao redor do mediodía con temperaturas máximas de até 40 graos.

Esta segunda feira xa está activa a alerta amarela por máximas de 36 graos nesta zona do país, así como nas zona sueste da Galiza.

Ademais da alerta laranxa na zona do Miño en Ourense, o nivel amarelo estará activo por máximas de 36 graos no noroeste, no sur e na zona de Valdeorras, así como na Ribeira Sacra. Tamén se esperan máximas de 34 graos no litoral galego, polo que o aviso será tamén amarelo no noroeste e nas Rías Baixas e no interior e na zona do Baixo Miño.

Coa finalidade de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informou da situación os concellos afectados, Deputacións e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros. Deste modo, espérase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Recomendacións

Ante este episodio de altas temperaturas, recoméndase extremar as precaucións, especialmente entre os colectivos máis vulnerábeis, como persoas maiores, crianzas, persoas con enfermidades crónicas e tamén no caso de persoas que realizan traballos físicos intensos ou deporte ao ar libre.

Recoméndase limitar a exposición o sol, manter unha boa ventilación e ter en conta os cambios de temperatura. É tamén aconsellábel manter unha hidratación adecuada, tomar comidas lixeiras, cubrir a cabeza e evitar exercicios físicos prolongados ao sol.