A torre da aldea de Pantón onde desapareceu o fillo dunha raíña de España

Segredos de Pantón

A investigación de ‘Segredos de Pantón’ determina a localización exacta da ‘Torre de Quitapesares’ na Torre de Vilamirón.

 

Había controversia sobre a localización exacta en Pantón da ‘Torre de Quitapesares’, unha edificación da primeira metade do século XV mandada construír polo Duque de Arjona nun lugar entre os miños Sil e Miño e ao pé do Camiño Real.  En torno a esta torre nobre vai nacendo unha pequena aldea, sendo o primeiro en asentarse un ferreiro coa súa forxa.

 

O 6 de xaneiro de 1480 faise referencia por primeira vez ao lugar de Quitapesares, nesta data aforan a Álvaro Fernández e a súa muller Constanza Fernández. Posteriormente o 7 de xaneiro de 1482 aforan a súa vez a Álvaro de Lornís, a súa muller María Gómez e a dúas persoas máis. O pai de María Gómez, Gómez da Touza, fora aforado anteriormente en Quitapesares.

 

O feito máis coñecido da “Torre de Quitapesares” foi o litixio que involucrou a Don Rodrigo Conde de Lemos co mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, sobre a propiedade da Torre. Que inicouse o 18 de maio de 1600.

 

“O lugar exacto de localización da Torre de Quitapesares foi algo controvertido nos últimos anos por sucesivas publicacións debido á mala interpretación do escrito”, indican desde ‘Segredos de Pantón’. O colectivo que realizou un traballo de investigación e recuperación. Pensouse que a torre estaría na aldea do Cotillón na parroquia de Acedre e comezouse a pensar que sería a casa do “Xuíz” a antiga Torre de Quitapesares.

 

“O lugar que con todas as da lei ostenta a ser o lugar de contrucción da Torre de Quitapesares reulta ser a Torre de Vilamirón”, afirman, e lembran que xa o mapa de Domingo Fontán de 1784 indicaba esta localización

 

“Na aldea da Torre de Vilamirón conta un señor, Raúl, a lenda sobre a Torre de Quitapesares. Onde una raíña de España desaparecerá o seu fillo, buscándoo e buscándoo atopouno aquí e mandou construí runha torre chamándoa Torre de Quitapesares, ao quitarlle os seus males ao atopalo”.