Un grupo de mozos agrediron un home, de 58 anos, no relanzo da súa vivenda en Ferrol tras chamarlles a atención polo ruído que estaban a facer na rúa.
Os feitos, segundo fontes coñecedoras do suceso consultadas pola axencia Europa Press, ocorreron sobre as 5.30 horas deste domingo na rúa Magdalena.
O home recriminou aos mozos polo bulicio que facían na vía pública e, tras un cruzamento de reproches, o grupo de mozos entrou no edificio para agredilo.
Até o lugar desprazáronse a Policía Local de Ferrol e a Policía Nacional, facéndose cargo estes últimos da investigación. O home foi trasladado polo persoal sanitario ao Hospital Arquitecto Marcide.
Agora os axentes tratan de localizar aos agresores, que xa están identificados.