Agir reitera a aposta na unidade do estudantado galego na súa IX Asemblea Nacional

A formación estudantil considera, porén, que o proceso aberto para crear “unha nova ferramenta orgánica unitaria” non pode facerse a costa de “eliminar toda mensaxe ideolóxica” na organización.

O Centro Social A Gentalha (Compostela) acolleu a IX Asemblea Nacional de Agir, a organización estudantil que neste 2015 cumpre 15 anos de existencia. Na AN elixiuse a Dirección Nacional, para al´çen de aprobar as teses 'políticas e organizativas. Agir aposta “na necesidade de seguir no proceso aberto” para crear “unha nova ferramenta orgánica unitaria” ao servizo do estudantado galego. Mais, aponta, non está disposta a que esa unidade se dea en troques de “eliminar toda mensaxe ideolóxica”, segundo eles propios afirman na web.

“Entendemos que a unidade do estudantado so é util se a ferramenta criada é util”, indican, unha afirmación que precisa, sinalan, de que a ferramenta teña uns principios ideolóxicos claros. Principios que terían como alicerces a construción nacional, o avanzo “cara a unha nova sociedade” e o combate contra o patriarcado.

Cómpre lembrar que a principios do pasado mes de setembro, Agir, Comités e a Liga presentaron 'Asembleas de base', iniciativa para un "proceso de unidade" co que visan constituír unha única organización estudantil. Unha "nova vía", sinalaron en comparecencia de imprensa, para "representar o estudantado galego".

Na AN de Agir aprobáronse varias resolucións, entre elas unha contra a dispersión dos presos independentistas e outra de denuncia do feminicidio e pola auto-organización das mulleres.